Santiago: A Finca do Espiño converterase en parque público

Curras y el arquitecto en el interior

O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Urbanismo, María Pardo; e o arquitecto José Luis Pereiro visitaron o palacete da Finca do Espiño e o parque no que se ubica, actualmente en obras para recuperalo para o uso público. Unha vez rematada a actuación no espazo verde, reconstruirase o palacete, coa intención de que todo o complexo público estea rematado a primeiros de 2015.

Angel Currás lembrou que, unha vez «recuperado todo o seu esplendor», o parque da Finca do Espiño será un dos máis importantes da cidade xunto coa Alameda. Definiuno como «case un parque botánico», xa que albergará especies únicas. Cun investimento previsto duns 800.000 euros continúan os labores de recuperación ambiental de 18.000 metros cadrados de parque, coa previsión de que estean concluídos en xuño de 2014.

Finca do Espiño_3

Habilitado o parque para o uso público, afrontarase a recuperación do palacete modernista do Espiño, obra na que se investirán uns 1,2 millóns de euros e que ten un prazo de execución estimado de dez meses. Segundo indicou o alcalde, non será posible levar adiante o proxecto inicial de Jean Nouvel, porque «o deterioro destes anos fixo perder gran parte do edificio e, ademais, o edificio acristalado previsto non sería sostible enerxeticamente». A intención do Goberno municipal é destinar o edificio a usos medioambientais e culturais.

Sobre a intervención no edificio, de 860 metros cadrados, o arquitecto encargado da mesma, José Luis Pereiro, apuntou que a pretensión é «recuperar o preexistente, os muros que se puideron conservar, e reconstruír os muros caídos no interior e os espazos orixinais», achegando o máis posible o aspecto do edificio ao que tiña o orixinal -deseñado por Jesús López de Rego- en 1910. O arquitecto expresou a súa satisfacción por contribuír a «recuperar patrimonio da cidade». Neste sentido, lembrou que «en Santiago hai bastante obra modernista, pero esquecida en xeral».

Palacete Espiño

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar