O PP de Ourense analiza a explotación sexual de mulleres

PP Ourense_igualdade_1

A sede do Partido Popular de Ourense acolleu esta mañá unha mesa de traballo organizada pola Comisión de Igualdade do PPOU, liderada por María Antonia Rilo. A este encontro, dirixo a concelleiros populares da comarca de Ourense, acudiu como invitada a coordinadora de Igualdade do PPdeG e secretaria xeral desta materia na Xunta de Galicia, Susana López Abella. Asimesmo, presidiu a mesa de traballo o presidente provincial, Manuel Baltar, quen agradeceu expresamente a María Antonia Rilo a organización de iniciativas como a de hoxe. Lembrou, ademáis, que unha das máximas irrenunciables do PPOU é a aposta pola igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
PP-Ourense_Igualdade_2

María Antonia Rilo, organizadora da mesa de traballo, avanzou que este acto estaría centrado no tema da trata de mulleres con fins de explotación sexual e da violencia de xénero, dado que o 25 deste mes é o día internacional para a eliminación desta terrible lacra social.

Susana López Abella lembrou durante a súa intervención que o pasado 18 de outubro levouse ao Consello da Xunta como informe un estudo exploratorio do tráfico de persoas en Galicia, que foi o resultado do proxecto europeo Itíneris.
Asemade, Susana López Abella sinalou que o pasado 21 de marzo presentou ela mesma no Parlamento Galego o Informe Anual 2012 de violencia de xénero, no que aparece o número de mulleres atendidas polo programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual que levan a cabo distintas entidades sen ánimo de lucro.

O número de atencións desenvolvidas por provincia foron (datos do Informe 2012):
-A Coruña: 1.225
-Lugo: 134
-Ourense: 123
-Pontevedra: 760
Total: 2.272

Mulleres atendidas segundo nacionalidades (datos remitidos polas entidades á Secretaría Xeral de Igualdade):
-Brasil: 601
-República Dominicana: 308
-Colombia: 246
-Rumanía: 236
-Nixeria: 135

Durante a mesa de traballo tamén se informou acerca de datos sobre a maior lacra social do noso país: a violencia de xénero. Segundo o Consello Xeral do Poder Xudicial, en Galicia presentáronse durante o primeiro semestre deste ano 2.552 denuncias (no mesmo período do ano anterior foran presentadas 2.352).

Todos os participantes na mesa de traballo desta mañá coincidiron en sinalar que a formación é un instrumento imprescindible para que a igualdade sexa real e efectiva entre homes e mulleres, que precisa de vontade política para poder poñer en marcha políticas de igualdade, a tódolos niveis, co fin de que chegue á sociedade no seu conxunto. Neste senso, Susana López Abella avanzou que xa son 141 os municipios galegos adheridos dende hai un ano á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero e que, durante o vindeiro ano, se reforzarán os recursos de atención ás vítimas, as axudas periódicas medrarán, seguirase apostando pola formación dos profesionais, activaranse programas para sensibilizará á mocidade e prestarase especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar