A Deputación de Pontevedra chama ás empresas á practica laboral subvencionada

Louzán_Deputación Pontevedra_salón de plenos

O prazo para que as empresas privadas se adhiran ó II Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra que concederá bolsas a 400 titulados universitarios e de ciclos superiores de FP, con finalización prevista para o 31 de agosto, ampliouse en 10 días hábiles segundo a resolución publicada hoxe no BOP.

Poden presentarse empresas con sede social na provincia de Pontevedra, de calquera natureza xurídica e de calquera sector, sempre e cando cumpran cuns requisitos como son os de non ter contrato de servizos coa Deputación, que a súa actividade estea relacionada co perfil das titulacións demandadas ou non ter realizado despedidos improcedentes, entre outros.

Á hora de seleccionar ás empresas, puntuarase cun máximo de cinco puntos o proxecto de práctica laboral e con ata 4 puntos o deseño de itinerarios alternativos de inserción, que dean opción ao bolseiro a ter continuidade na empresa.

A cooperación entre o organismo provincial e as empresas da provincia que resulten beneficiarias materializarase a través dun convenio no que se establezan os dereitos, obrigas e compromisos de cada unha das partes.

PRIMEIRA FASE

Esta primeira fase permitiralle á Deputación determinar a demanda de bolseiros existente para, en base a ela, abrir a fase de selección de titulados. Unha vez decididas as titulacións e prazas que se convocan, farase a convocatoria pública e procederase á selección e contratación dos traballadores.

Os beneficiarios deste Plan serán titulados sen experiencia laboral previa e menores de 35 anos, aos que se lle vai ofrecer a oportunidade de desenvolver labores relacionadas coa profesión na que se formaron en diversas empresas da provincia.

Se trata dunha medida coa que a Administración Provincial quere contribuír, como xa vén facendo á redución do desemprego, principal preocupación cidadá nestes momentos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar