Reaberta ao baño a zona de Samil afectada por verquidos

Playa-de-Samil-2
A zona da praia viguesa máis próxima á desembocadura do río Lagares, que este xoves fora restrinxida ao baño pola insuficiente calidade da auga, xa foi reaberta tras confirmarse os mellores resultados nas últimas analíticas realizadas.

Así o confirmou en declaracións aos medios o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen explicou que as últimas mostras microbiolóxicas reflicten que as augas desa zona do areal volven ser idóneas para o baño, ao obterse resultados con «parámetros de normalidade».

O rexedor sinalou, non obstante, que os técnicos municipais seguen investigando a orixe da vertedura que causou o problema, e avanzou que todo apunta ás foxas sépticas dunha urbanización de apartahoteis que hai na zona.

De confirmarse este extremo, Caballero sinalou que o Concello obrigará a esas comunidades a restablecer «as normas sanitarias» e a tomar medidas que «nunca máis volva suceder» algo como o acontecido nas últimas horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar