Detidas 10 persoas en Ribeira no roubo dunha fábrica

Axentes da Policía Nacional de Ribeira procederon esta madrugada á detención de polo menos 10 individuos que foron localizados no interior dunha fábrica localizada na parroquia ribeirense de Aguiño.

Por agora, non transcenderon moitos datos sobre o operativo realizado, o que si está confirmado é que son, polo menos, unha ducia os arrestados que foron sorprendidos polos axentes na fábrica «Mar de Couso» cando intentaban, ao parecer, roubar material industrial que hai no interior desta empresa conservera pechada desde fai anos.

Os arrestados, todos de etnia xitana, están repartidos nos calabozos das dúas comisarías que hai na capital barbanzana e xa están prestando declaración no Xulgado de Santa Uxía desde primeira hora da mañá.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar