No vindeiro curso haberá 51 novas unidades de infantil e primaria

primaria

O sistema educativo galego contará o vindeiro curso 2013/2014 con 51 unidades máis das que houbo no 2012/2013 en centros de educación, infantil, primaria e educación especial, logo do proceso de revisión das unidades e postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O citado proceso deu lugar tanto á creación de unidades, como á súa supresión no caso de que o incremento ou diminución do alumnado así o fixo necesario, ou á habilitación de unidades (sen creación) para o suposto de desdobramentos de aulas cando existindo un incremento puntual ou circunstancial do número de alumnos/as, non hai perspectivas que garanten que esa situación se consolide nos vindeiros anos.

A xestión eficiente da organización das unidades docentes que vén realizando a Consellería permitiu que Galicia non tivera que incrementar – como si tiveron que facer outras Comunidades Autónomas- a ratio de alumnos por aula. Neste mesmo sentido o bo facer da Xunta permitiu que o curso que vén se poña en marcha un novo IES no Milladoiro, co que se dá resposta ás necesidades dunha comunidade escolar en crecemento como é a amiense; así como a autorización de impartición dunha trintena de novos ciclos de FP nos centros educativos públicos de Galicia.

Os datos globais e por provincias son os que a continuación se sinalan:
UNIDADES SUPRIMIDAS, CREADAS E HABILITADAS 2013/14

Cadro unidades Educación

*Inclúe as unidades dos centros suprimidos

En canto ao profesorado afectado pola reorganización de unidades nos centros de ensino, o resultado final do proceso determina un incremento de máis de 30 novos postos docentes.

Escolas unitarias
Nos vindeiros días publicarase no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial na que se reflicten as escolas unitarias que deixarán de prestar o servizo educativo por contar con 5 ou menos alumnos, que serán finalmente 15 e non as 22 estimadas inicialmente (polo tanto 7 menos).

Así, na provincia da Coruña non reúnen os requerimentos para continuar abertas as EEI de Belao (Boiro), de Vilela (Carballo), de Herves (Carral), de Regoelle (Dumbría), de Vilanova (Miño), de Boavista (O Pino), e de Uzas, de Igrexa-Beán e de Cando de Arriba, as tres últimas do Concello de Ordes. Na provincia de Lugo suprimirase o CEIP Aníbal Otero (Ribeira de Piquín), mentres que na de Ourense serán afectadas as EEI de Éntoma (O Barco de Valdeorras) e de Dacón (Maside). Na provincia de Pontevedra deixarase de impartir clase por falta de alumnado nas EEI de Baiuca (Catoira), As Chans (Nigrán) e de Albar (Poio).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar