O Salón Internacional do Cómic ‘Viñetas dende o Atlántico’ na Coruña

   A XVI edición do Salón Internacional do Cómic ‘Viñetas dende o Atlántico’ comezará hoxe luns, dia 5, na Coruña, cunha programación que se prolongará ata o 11 de agosto e que incluirá clases maxistrais e a presenza, como en anteriores edicións, Viñetas dendo o Atlanticode artistas invitados. Entre eles, estará o creador de ‘Superlópez’, Jan, xa que este ano se renderá homenaxe ao superheroe español.

   A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, acompañada polo director de ‘Viñetas dende o Atlántico’, Miguelanxo Prado, e o coordinador de actividades do festival, Manel Craneo, presentaron esta nova edición coa que a cidade «convértese nun grande conto vivo», destacou a edil de Cultura.

Así, como cada ano, a Rúa da Banda Deseñada, nos Xardíns de Méndez Núñez, volverá converterse en referencia editorial. O núcleo das actividades xirará en torno ás exposicións co Kiosko Alfonso como eixe central, onde tamén se realizan as conferencias e mesas redondas.

ARTISTAS INVITADOS

As mostras e a biblioteca do cómic do Pazo de Congresos e Exposicións (Palexco) prolongaranse ata o 15 de setembro. Ademais, como na pasada edición, ‘Viñetas’ contará cunha serie de clases maxistrais para que os afeccionados e profesionais do sector poidan compartir as súas experiencias cos artistas invitados.

Entre eles, estarán Jan, referente da historieta española e creador de ‘Superlópez’; veteranos da historieta como Max, Fausto Isorna ou David Aja; grandes nomes da banda deseñada francesa como Baru ou Frank Le Gall; e as novas xeracións representadas por Susanna Martín e Enrique Fernández.

OUTRAS PROPOSTAS

Xunto ao Quiosco Alfonso, a Ágora e o Fórum terán tamén un peso importante nas actividades previstas xa que ambos os dous centros culturais acollerán sucesivos talleres e actividades vinculadas ao mundo das viñetas.

Entre o 5 e o 13 de agosto, ambos os dous espazos acollerán un total de 64 talleres impartidos por oito autores locais e dirixidos a máis de 200 nenos de entre 3 e 12 anos.

Os creadores que se encargarán destas actividades son Jano, Luis Sendón, José Domingo, Yago Rodríguez, Nuria Díaz, Tonecho Otero, Alberto Pelorroto e Pablo Otero.

O Ágora acollerá tamén ‘8 x 4 Ilustrando, unha exposición que inclúe catro das obras de cada un destes 8 autores. Trátase en total de 32 pranchas que abranguen diferentes medios, técnicas e xéneros para contar historias a través do cómic e a ilustración.

Para os mozos, de 16 anos en diante, programouse un ‘Laboratorio creativo de cómic’, baseado nunha experiencia levada a cabo por profesionais de EE.UU. e dirixido por Henrique Torreiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar