Ábrese en Santiago a edición 56 de «Música en Compostela»

Música en Compostela_inauguración 2013
A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, inaugurou no Hostal dos Reis Católicos o LVI Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela, que se desenvolverá ata o 17 de agosto. 120 alumnos e alumnas de diversas nacionalidades participan nesta edición, que inclúe a celebración de oito concertos.
Organizado ininterrompidamente dende 1958, o Curso Internacional Música en Compostela ofrece ensinanzas en varias especialidades musicais e unha serie de concertos especiais. Alumnos de diversos países do mundo acoden cada verán a estas prestixiosas xornadas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar