O PPdeG lamenta que Beiras xustifique «aos que fan política con explosivos»

A voceira do PPdeG, Paula Prado, calificou de «indecentes» as declaracións do voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, nas que xustificaba a tenencia de explosivos e a falsificación de documentos públicos.

O que para a Xustiza é un procedemento penal por condutas tipificadas como actos propios do terrorismo, para o líder de Anova é un mero exercicio de indignación.

Neste senso, a dirixente popular considera lamentable que para Beiras as decisións dun goberno xustifiquen accións violentas. Convén recordar que Resistencia Galega é unha organización terrorista que utiliza artefactos explosivos para queimar oficinas bancarias pero tamén sedes de partidos políticos.

A dirixente popular espera que a declaración de Beiras o vindeiro luns a exerza en calidade de testemuña e non como parte da defensa. En todo caso, resulta grave autodefinirse como líder antisistema cando se leva cobrando case 30 anos del, pero máis aínda o é beneficiarse do sistema mentres se xustifica e ampara a quen queren derribalo a golpe de explosivos.

Segundo a voceira popular, Beiras pasou de protagonizar actos violentos no Parlamento de Galicia a xustificar actos violentos con bombas fóra del.

Baixo a opinión da dirixente popular, convén que todas as formacións do arco parlamentario en Galicia condenen este tipo de prácticas.

Por outra parte, Prado lembra que en España hai outras formacións de tinte nacionalista que se negan a condenar a organizacións que fan política con bombas e por tanto parece que determinados partidos en Galicia están buscando referentes onde non deberían.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar