A Xunta mantense no decreto do plurilingüismo pero escoita aos grupos políticos


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, reuniuse xa con tres dos catro grupos parlamentarios, encontros que non fixeron cambiar a postura acerca do decreto do plurilingüismo, a aplicación do cal os grupos da oposición piden suspender ou derrogar.Así, a Xunta reafírmase en que o decreto, que pasou «o filtro de oito sentenzas», está a funcionar «correctamente» e afirmou que esta normativa non suValentin Garciapuxo renunciar ao plan de normalización lingüística.En todo caso, sobre os «axustes» que ten que pasar esta normativa tras as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), avanzou que se darán a coñecer a próxima semana nunha comisión na Cámara autonómica.

Valentín García asegurou, en declaracións aos medios tras finalizar os tres encontros, que cos «novos datos» achegados na tarde deste xoves, se «barallará o deseño da política lingüística», e mostrou o seu desexo de que haxa máis reunións «bilaterais e multilaterais» coas formacións políticas, así como con outras entidades, como a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar