O xuíz Taín presentará a sua novela en León e Burgos

Taín_Santo Oculto_hztal As cidades de León e Burgos acollerán a presentación da novela do xuíz José Antonio Vázquez Taín, “Santiago, La leyenda del santo oculto”, os vindeiros días 2 e 3 de maio respectivamente, no que constitúe o comezo da promoción da publicación editada por Teófilo Edicións fora de Galicia, logo da excelente acollida por parte do público galego.

En concreto, o acto de presentación do libro na capital leonesa terá lugar no Club de Prensa do Diario de León (C/Gran Vía de San Marcos, 8) a partires das oito da tarde, e contará coas intervencións do Subdelegado do Goberno na comunidade castelán-leonesa, Juan Carlos Álvarez Quiñones; do escritor e xornalista, Ernesto Escapa, e do director do Diario de León, Pablo R. Lago, ademais do autor José Antonio Vázquez Taín.

En canto ao acto de presentación da novela na capital burgalesa, o venres día 3 de maio, se celebrará ás 19.30 horas na “Sala Cultural Hijos de Santiago Rodríguez no centro comercial Camino de la Plata” (Avenida de Castilla y León s/nº).

A novela e o seu autor

O segredo intemporal do sepulcro do Apóstolo, baixo a Catedral de Santiago, a desaparición do Códice Calixtino, o enigma da estrela e unha investigación policial sorprendente, son as pegadas de identidade da publicación “Santiago. La leyenda del santo oculto”. Unha viaxe introspectiva do autor, José Antonio Vázquez Taín, que ven de editar Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións.

O texto recrea o mito do Apóstolo e o descubrimento do seu sepulcro, conectándoo literariamente coa realidade máis actual. Un salto no tempo, desde o século IX ata o XXI, que o autor coordina maxistralmente logrando capturar a atención do lector desde a primeira á derradeira páxina do libro.

A publicación, prologada polo xornalista Fernando Ónega, é un meticuloso traballo dun autor novel no ámbito das letras, quen desde a súa inventiva, unha minuciosa labor inspeccionadora, e a súa exquisitez nos detalles, revélase como un grande novelista. Descubriremos nesta obra un escritor que foi quen de realizar unha excelente arquitectura literaria.

José Antonio Vázquez Taín, ourensán nado en Zarracós, municipio de A Merca, é coñecido polos éxitos da súa carreira xudicial que iniciou no ano 1998. Na actualidade é Maxistrado do Xulgado de Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar