O PPdeG marca “un antes e un despois” do episodio de Beiras

Paula Prado_270413
A voceira dos populares galegos, Paula Prado, afirmou hoxe que a política do puñetazo nunha cámara de representación non ten cabida nunha sociedade pacífica como a galega.
Así se refería a dirixente popular ao episodio protagonizado por Beiras esta semana no Parlamento, sobre o cal afirmou que lle produce vergoña que Galicia saia nos informativos porque un deputado se encare co presidente dun Goberno democrático, aporree o seu escano e marche da Cámara entre berros.

A voceira dos populares galegos cre que nesta Lexislatura estanse a traspasar barreiras nunca antes cruzadas e lembrou tamén cómo hai uns meses unha deputada de AGE aplaudía a invitados na Tribuna do Parlamento mentres ameazaban de morte ao presidente da Xunta.

Para a dirixente popular, Beiras, que tanto brama polo desapego entre políticos e cidadáns, non fai nada para reducir esa distancia entre as persoas e os seus representantes. Con respecto a isto, Prado critica que pretenda romper o sistema dende dentro; cando o lóxico sería participar do sistema pero dende fóra.

Segundo Prado, Beiras, ao igual que Pachi Vázquez, é un filón electoral para o PPdeG, pero o interese partidista dos populares non pode dar amparo a determinadas prácticas e, polo tanto, chegou o momento de que Beiras fale para desculparse pola súa actitude do mércores e tome unha decisión digna tras o acontecido.

En todo caso, a única garantía de poñer fin aos puñetazos de Beiras no Parlamento e pedir a Beiras que abandone o Parlamento. Neste senso, lembrou que a posición institucional do presidente na sede do Goberno autonómico foi máis que correcta pero a petición de dimisión é do conxunto do Grupo Popular e ten plena vixencia a día de hoxe.
En palabras da voceira dos populares, haberá un antes e un despois nas relacións do PPdeG con AGE tras o intento de amedrentamento físico do presidente da Xunta por parte dun señor que pasará á historia por un zapatazo e un puñetazo e por moi pouco máis.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar