23,8 casos de tuberculose por cada 100.000 habitantes

   O Servizo de Neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) celebra este venres, día 19, unha reunión sobre a tuberculose, cuxa incidencia en Galicia é de 23,8 casos por 100.000 habitantes, segundo informa o complexo hospitalario.

   A tuberculose é unha enfermidade infecciosa que afecta a un terzo da poboación mundial “e aínda é unha causa importante de mortalidade e de insuficiencia respiratoria”, explica.

En Galicia, existe un plan específico de prevención e control da Conselleria de Sanidade, co que, segundo o Chuac, se conseguiu un descenso do número de casos por habitante “se se compara cos 73 casos por cada 100.000 habitantes que existía en 1996, cando se iniciou este programa”, engade.

Os síntomas da tuberculose son un catarro prolongado ou un catarro con flemas de máis de 15 días. Noutras ocasións, presenta tamén febrícula, inapetencia e malestar xeral ata durante varios meses.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar