A Asociación contra o Cancro de Ourense celebrará o 26 de abril unha cea benéfica

   A Asociación Española contra o Cancro de Ourense celebrará o próximo venres 26 de abril unha cea-baile benéfica para recadar fondos destinados a programas de atención a enfermos e familiares.

   Segundo informa a asociación, a cea-baile terá lugar o día 26 ás 22.00 horas no Liceo de Ourense. No evento, ademais, renderáselle homenaxe á anterior presidenta para “agradecelo e recoñecelo publicamente a súa dedicación, ilusión e traballo” que, segundo destaca, “durante máis de 15 anos exerceu moi preto dos enfermos de cancro e familiares”.

Ademais, no evento benéfico colaborará o Trio Lúa, ofrecendo unha actuación no transcurso da cea. Tamén, no acto sortearanse diferentes obxectos doados por distintas empresas e locais comerciais da cidade de Ourense, que colaboran desinteresadamente coa aecc.

O que se recade na cea irá destinado a iniciativas de rehabilitación de enfermos, axudas económicas, psicolóxicas, programas de prevención, talleres e outras de atención a enfermos e familiares que se desenvolven en Ourense.

Para poder asistir á cea-baile poderanse retirar convites ao prezo de 30 euros a través dos teléfonos 988 219 300 e 988 219 306 ou na sede da aecc Ourense –rúa Curros Enríquez, 26–.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar