Os concellos colaborarán no convenio para asistir a os desafuizados asinado entre a Xunta e o Poder Xudicial

Convenio desafuizamentos Xunta-Fegamp

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) colaboran na posta en marcha do convenio de desfiuzamentos recentemente asinado entre o CXPX, o goberno galego e a Fegamp.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato e o presidente da Fegamp, José Manuel Rey mantiveron hoxe unha reunión para invitar aos rexedores coruñeses a adherirse ao convenio para poder proceder inmediatamente á súa aplicación nos seus respectivos concellos.

Como destacou o vicepresidente, a nosa comunidade ten sido pioneira na sinatura deste convenio entre Administración autonómica, concellos e xuíces para aliviar o drama daqueles que máis o precisan cando falamos de desafiuzamentos, e incidiu no compromiso do goberno galego con este problema que está a afectar a moitos cidadáns galegos.

Grazas a este convenio recentemente asinado entre o presidente da Xunta, o presidente do CXPX e o presidente da Fegamp, na nosa comunidade poderase traballar con antelación e actuar con eficacia cando se produza unha situación de especial vulnerabilidade, xa que os xuíces os xuíces comunicarán á Xunta cando se produza unha situación de estas características que, automaticamente se porá en contacto cos servizos sociais dos concellos.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou a importancia de que os municipios e a Xunta se coordinen e cooperen na busca de solucións a este problema, actuando “con urxencia e dilixencia”. Engadiu que as dúas partes comparten a responsabilidade na prestación dos servizos sociais comunitarios, “un instrumento valiosísimo para ofertar o apoio, a atención e o asesoramento que necesitan as persoas que están a vivir o problema dos desafiuzamentos”.

A responsable de Benestar apuntou que a Xunta está a poñer en marcha medidas concretas para detectar de forma precoz estes casos e ofertar alternativas as familias como o convenio asinado entre o presidente da Xunta e a FEGAMP co Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces alertarán aos servizos sociais dos concellos, que poderán realizar unha valoración provisional da situación de cada familia. De forma complementaria, o Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios da Consellería de Traballo e Benestar estudará posibles solucións, ben a través dos programas de inclusión social ou menores, ben analizando co Instituto Galego de Vivenda e Solo a aplicación dun programa de realoxo dos afectados.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar