O Salón “Gourmets” de Madrid promociona os productos amparados polo selo “Galicia Calidade”

Galicia_calidade

Galicia Calidade promocionará os produtos e servizos amparados pola marca na vindeira edición da feira Salón Gourmets de Madrid, que se celebrará desde o luns e ata o vindeiro xoves día 11 no recinto feiral IFEMA, e que se ten convertido nun referente dentro do sector agroalimentario tanto no panorama nacional como internacional, chegando xa á súa vixésimo sétima edición.

No stand de Galicia Calidade contarán cun espazo propio onde expor os seus produtos e servizos 13 empresas do sector ao amparo do selo autonómico: Avícola de Galicia, Adega dos Eidos, Castro Baroña, Bodegas Ruchel, Vilarvín, Coreti, Ingapán, Hornos San Fiz, Regina Viarum, Bodegas Pazo Villarei, Adegas Tollodouro, Torre de Núñez e Conservas A Rosaleira. A sociedade pública realizará ademais actividades de promoción de todas as empresas amparadas polo selo autonómico.

Salón de recoñecido prestixio
O Grupo Gourmets naceu no ano 1976 como unha empresa editora no sector da gastronomía. Despois da súa consolidación, no ano 1986 decide montar un Salón onde expor todas as novidades do sector e que contou, xa na súa primeira edición, con 73 expositores e máis de 8.000 visitantes. Ao longo destes 27 anos, o evento tense consolidado como referencia gastronómica chegando na actualidade a superar na pasada edición os 1270 expositores, 78.000 visitantes profesionais e 1250 xornalistas e medios acreditados.

Galicia Calidade é unha sociedade pública que xestiona a marca de garantía co mesmo nome e que ten por finalidade por un lado a certificación de produtos e servizos polo seu carácter galego, e con calidade distinguida, e por outro lado o da promoción do selo e dos produtos amparados, estando presente en feiras de prestixio nacional e internacional como pode ser o propio Salón Gourmets ou outras iniciativas como Alimentaria Barcelona ou o Fórum Gastronómico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar