Operación contra o furtivismo con media tonelada de marisco requisada

Accidentalidade por provincias

Accidentes e vítimas

Gráfico comparativo accidentes mortais

Media tonelada peixe requisada

Víctimas

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron case 500 quilos de peixe e marisco, a maioría centolla, e incautáronse de 117 útiles de pesca e 450 metros de artes de enmalle en varios operativos realizados polo litoral galego nos últimos días.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural e do Mar, a actuación máis destacada a levaron a cabo en Ares o venres, onde os axentes comisaron 350 quilos de centolla, que estaba fondeada e sen identificar en peiraos do porto.

A costa de Ferrol tamén foi obxecto de actuación dos Gardacostas que, nun operativo desenvolvido en Punta Penencia, requisaron 26 quilos de percebe e 12 útiles de pesca.

Ademais, noutras actuacións na Ría da Coruña os inspectores da Xunta requisaron 23 quilos de distintas especies e 18 artes. A máis significativa, segundo sinala Mar, foi a que se realizou no Castelo de San Antón, e que se estendeu tamén ao porto de Malpica.

Este operativo saldouse co comiso de 16 quilos de cantolla huevada, un quilo de nécora e coa incautación de 15 nasas de ferro e madeira e un viveiro para centolla.

A maiores, na Ría de Muros e Noia os axentes requisaron 85 aparellos e catro quilos de diferentes especies e en Lira (Carnota) requisaron 20 quilos de ourizo sen identificar.

Por outra banda, a Ría de Arousa foi escenario de varios operativos, que se saldaron con case 72 quilos de peixe e marisco intervidos e coa incautación de dúas artes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar