Vítimas da estafa das preferentes interrompen un pleno en Ponteareas

Uns 70 afectados polas participacións preferentes obrigaron este mércores a suspender o pleno extraordinario convocado en Ponteareas no que estaba previsto que a aprobada inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM).

Esta é a sexta ocasión nesta semana na que este colectivo obrigou a suspender unha sesión plenaria nun concello do Sur da provincia e a segunda vez que se suspende en Ponteareas, despois de que a semana pasada as protestas acabasen co alcalde e os seus concelleiros abandonando a casa do concello por unha ventá.

Ás 14.00 horas, cando estaba previsto que comezara a sesión extraordinaria, o voceiro da plataforma, Xulio Vicente, se dirixiu ao alcalde, Salvador González Solla, e nese momento, sen mediar palabra, o rexedor se levantou e abandonou o salón cos seus edís e escoltado pola Policía Local.

O edificio municipal permanece fortemente custodiado por axentes da Policía Local e Guardia Civil, mentres os afectados polas preferentes proseguen dentro e fóra do Concello facendo soar bucinas e asubíos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar