Reducíronse un 32% as agresións a profesionais sanitarios

 

Os episodios de agresión a profesionais sanitarios reducíronse nun 32 por cento en 2012 en Galicia en relación co ano anterior, segundo datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Este luns a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, presidiu a constitución do Pleno do Observatorio de violencia laboral coa intención de que actúa como órgano colexiado que sirva de «foro de diálogo permanente» centro de saludentre a Administración sanitaria e outros colectivos e institucións representativas da sociedade galega.

Nesta primeira sesión, presentáronse os resultados dos traballos da Comisión Técnica do Observatorio de Violencia Laboral, que se reflicten na elaboración dunha Guía informativa sobre violencia laboral de orixe externa.

Así mesmo, segundo indica a Consellería de Sanidade, asinouse unha Declaración de Principios co «compromiso de rexeitar conxunta e abertamente a violencia en todas as súas manifestacións».

Esta e outras actuacións integraranse no Plan de Prevención de Violencia do Sergas, unha ferramenta, segundo explica o departamento sanitario, na que participan os representantes sindicais e coa que se pretende «conseguir que este tipo de situacións conflitivas deixen de ser un problema emerxente e poidan reconducirse a través do diálogo e a formación».

MELLORAR A XESTIÓN

Entre outros aspectos, o Plan de Prevención oriéntase á mellora da xestión dos episodios de violencia e de atención profesional, a elaboración dun mapa de riscos e dun plan de seguridade, accións formativas e de concienciación para profesionais e usuarios, deseño dos espazos públicos nas novas infraestruturas, e a busca de novas colaboracións con outras institucións.

Dende o ano 2011, segundo recorda Sanidade, os profesionais das urxencias hospitalarias dispoñen de sistemas de aviso nos seus ordenadores que poden activar en caso de necesidade, alertando de situacións de violencia o persoal de seguridade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar