O xuíz Taín presentou na Coruña a sua novela «A lenda do santo oculto»

Numeroso público se dou cita esta tarde noite no Centro Sociocultural de Novacaixagalicia na capital herculina para asistir á presentación da novela do xuíz José Antonio Vázquez Taín, “Santiago. La leyenda del santo oculto”, editada por Teófilo Edicións. O acto espectacular, alternou interpretacións musicais e intervencións orais. Interviron o propio autor, quen dou conta da súa primeira experiencia no mundo da literatura; e o editor da novela, José Luis Teófilo, quen loubou a personalidade do xuíz e agora escritor, destacando as súas cualidades profesionais e humanas. O alcalde da cidade, Carlos Negreira, que acompañou na mesa aos protagonistas, foi o encargado de pechar o acto.

 

A novela

O segredo intemporal do sepulcro do Apóstolo, baixo a Catedral de Santiago, a  desaparición do Códice Calixtino,  o enigma da estrela e unha investigación policial sorprendente, son as pegadas de identidade da publicación “Santiago. La leyenda del santo oculto”. Unha viaxe introspectiva do autor, José Antonio Vázquez Taín, que ven de editar Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións.

 

O texto recrea o mito do Apóstolo e o descubrimento do seu sepulcro, conectándoo literariamente coa realidade máis actual. Un salto no tempo, desde o século IX ata o XXI, que o autor coordina maxistralmente logrando capturar a atención do lector desde a primeira á derradeira páxina do libro.

 

A publicación, prologada polo xornalista Fernando Ónega, é un meticuloso traballo dun autor novel no ámbito das letras, quen desde a súa inventiva, unha minuciosa labor inspeccionadora, e a súa exquisitez nos detalles, revélase como un grande novelista.

 

O autor

José Antonio Vázquez Taín, ourensán nado en Zarracós, municipio de A Merca, é coñecido polos éxitos da súa carreira xudicial que iniciou no ano 1998. Na actualidade é Maxistrado do Xulgado de Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar