Santiago rexistra as precipitacións máximas, con 93,4 litros

 

   As precipitacións rexistradas na última semana afectaron ás cuncas da vertente atlántica e a máxima produciuse en Santiago de Compostela, con 93,4 litros por metro cadrado, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

En concreto, a cunca Galicia Costa está ao 88,9 por cento da súa capacidade, con 608 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que supón 28 máis que a semana pasada.

Pola súa banda, a cunca Miño-Sil atópase ao 82,7 por cento, con 2.505 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que implica un aumento de 129 hectómetros cúbicos fronte á semana pasada.

En total, a reserva hidráulica española está ao 64,7 por cento da súa capacidade total e actualmente hai 35.779 hectómetros cúbicos, o que representa un aumento de 1.251 hm3, o 2,3 por cento, con respecto aos niveis da semana anterior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar