Continúa o Plan Rua por distintos barrios da Coruña

Durante esta semana, o Plan Rua realizará unha actuación integral nunha trintena de rúas e prazas dos Mallos que afectarán a 30.400 metros cadrados.

Neste barrio realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de rúas, de áreas infantís e de rede de sumidoiros; mantemento de fontes; reposición de colectores, papeleiras, bancos, varandas e bolardos; reparacións de iluminación, pavimentos e beirarrúas, entre outras. En concreto, está prevista a limpeza e reparación de 150 colectores e a reparación de 315 metros cadrados de beirarrúas en 26 rúas, entre outros traballos. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sustentables e ordenados coa colaboración dos veciños.

O Plan RUA retomará a súa actividade o vindeiro mércores 13 de febreiro no barrio das Flores, onde permanecerá durante unha semana. Despois tocaralle a quenda ao Ventorrillo, As Xubias e 2ª fase de Elviña, onde concluirá a primeira fase do Plan RUA tras 40 días de actividade.

BALANCE DE FEÁNS E MESOIRO

As actuacións do Plan RUA desenvolvidas entre o 21 e o 26 de xaneiro nas urbanizacións Breogán e Obradoiro e nos lugares de Feáns e Mesoiro tiveron como obxectivo 40 rúas e unha superficie de 50.125 metros cadrados.

Ao longo dos seis días nos que se levaron a cabo os traballos, os distintos servizos municipais integrados no Plan RUA limparon 2.454 metros da rede de rede de sumidoiros, repararon 65 metros cadrados de beirarrúas, limparon e repararon 120 colectores, resolveron 10 deficiencias de iluminación pública e realizaron traballos de mantemento nun parque infantil, entre outras actuacións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar