Matanza do porco en Lalín previa á Festa do Cocido do próximo domingo

Matanza do porco na parroquia Laliense de Losón.

Máis de 500 persoas –entre veciños, organizadores e colaboradores– participaron este domingo na XIV matanza tradicional de porco, na semana previa ao inicio da XLV Feira do Cocido, que se celebrará o domingo, 3 de febreiro, coa xornalista Susana Griso como pregoeira.

Na parroquia lalinense de Losón, ao pé do santuario Nosa Señora do Corpiño, celebrouse unha cita á que acudiu o alcalde desta localidade pontevedresa, José Crespo, quen valorou «o grande éxito» desta edición e o esforzo dos veciños para levala a cabo, a pesar do mal tempo deste domingo.

Nesta ocasión o porco elixido foi Martín, un exemplar de 200 quilos que mostrou resistencia ante os sete homes encargados de sacrificalo.

Durante a tradicional matanza deste domingo, diversos veciños repartiron diferentes produtos de porco asados nas grellas instaladas no lugar, así como multitude de sobremesas tradicionais como filloas, orellas ou rosquillas.

Manuel Blanco, un dos precursores desta matanza tradicional e o xornalista Manuel Vilariño foron os encargados de ir comentando ao longo da xornada o significado desta tradición, ao tempo que narraban os diferentes labores.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar