Buscan ao segundo tripulante dunha embarcación envorcada en Ribeira

 

Salvamento Marítimo en Fisterra, dependente do Ministerio de Fomento, coordina as operacións de busca e rescate dos dous tripulantes da embarcación ‘SAFI-G’ envorcada no Illote Insuabella, ao Oeste de Illa Vionta, en Ribeira. Un dos ocupantes foi rescatado mentres proseguen as tarefas para localizar o segundo.

O helicóptero ‘Pesca 1’ rescatou un dos tripulantes e trasladouno ao Hospital de Barbanza e segue en marcha o operativo de busca para tratar de localizar o segundo tripulante que viaxaba a bordo da embarcación.

Segundo explica Salvamento, sobre as 15.10 horas o pesqueiro ‘Basoco’ comunicou que avistara unha embarcación de poliéster envorcada e semihundida, e tamén vía unha persoa nunha zona de rochas que non era accesible por mar.

O Centro de Coordinación de Salvamento de Fisterra mobilizou a embarcación ‘Salvamar Sargadelos’, o helicóptero ‘Pesca 1’, o buque ‘María Pita’ e o ‘Irmáns García Nodal’. Así mesmo tres pesqueiros que se atopaban na zona colaboran nas tarefas de busca.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar