A escritora Fina Casalderey convértese na quinta muller académica da RAG

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria onte, decidiu, entre outros acordos, nomear académica electa a dona Fina Casalderey Fraga para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario don Xaime Illa Couto. Trátase da quinta muller na historia da Academia Galega.

Fina Casalderrey Fraga (Pontevedra, 1951), escritora, pedagoga e profesora, dedicou toda a vida ao ensino da lingua galega e en lingua galega, tanto no mundo rural como no urbano, preferentemente entre a mocidade. Faciana esta transcendente para o desenvolvemento da nosa literatura.

Da súa dimensión como escritora dá conta a abondosa produción literaria, que inicia xa nos primeiros anos de docente. Traducida a diversas linguas, foi recoñecida con numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar