Novo programa informático para a solicitude de subvencións da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña puxo en marcha un novo programa informático para a solicitude de subvencións este ano vía web, segundo informa a institución provincial.

Así, os concellos e entidades interesadas en pedir as axudas provinciais durante este exercicio poderán acceder á páxina web oficial da Deputación na pestana de subvencións para este ano.

O prazo de presentación comezará o 15 de xaneiro e estará aberta ata o 15 de febreiro para os concellos e ata o 22 de febreiro para as entidades, segundo precisa o organismo provincial.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar