Esforzo presupostario con 14.000 desempregados

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou unha partida de 36 millóns de euros que o Goberno galego destinará á mellorar a formación regrada de 14.000 desempregados co obxectivo da súa reinserción no mercado laboral.

Esta contía, que hoxe aprobou o Consello da Xunta, engádese aos catro millóns de euros autorizados a semana pasada para a realización de 126 cursos de formación que benefician a outros 1.900 traballadores. Polo tanto, segundo subliñou Feijóo, a Xunta acaba de destinar neste último mes un montante global de 40 millóns de euros para a implementación de medidas encamiñadas a “intentar reactivar o mercado laboral”

“En total 14.000 traballadores terán fondos públicos para mellorar a súa formación, para mellorar as súas posibilidades de empregabilidade”, dixo o presidente, quen recalcou que non se trata dunha formación “calquera”, senón “dunha formación que posibilite certificados de profesionalidade e que eses certificados sexan homologables ás esixencias do mercado en calquera lugar do país”.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar