Descende un 38% o gasto farmacéutico

 

   O gasto farmacéutico en Galicia situouse en 40.856.512 euros en novembro, o que supón unha redución do 38,35 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior e constitúe o maior descenso entre todas as comunidades autónomas.

Ademais, a factura en farmacia na Comunicade galega descendeu un 11,12 por cento no acumulado do último ano, segundo os datos sobre gasto a través de receita oficial remitidos polas comunidades á Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia do Ministerio de Sanidade.

No conxunto do país, o SNS conseguiu no que vai de ano un aforro total en farmacia que ascende a 1.190,17 millóns de euros, dos que 931,66 conseguíronse nos últimos cinco meses, data na que entrou en vigor o novo sistema de copagamento farmacéutico en función da renda.

O número de receitas facturadas en Galicia experimentou un descenso do 37,12 por cento o mes pasado, fronte ao mesmo período de 2011, cun total de 3.498.704 prescricións. Tamén caeu o gasto medio por receita nun 1,96 por cento na Comunidade galega, ao pasar de 11,91 en novembro de 2011 a 11,68 euros o mes pasado, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Sanidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar