Sustraído o Neno Xesús do belén do Obradoiro nunha acción contra os desfuizamentos

 

A plataforma Stop Desahucios Compostela, en nome do Colectivo Fartas, sinalou este sábado que a figura do Neno Xesús desapareceu do belén instalado fronte á Catedral de Santiago de Compostela, na Praza do Obradoiro, como iniciativa para concienciar sobre a problemática dos desafuizamentos e das execuciones hipotecarias.

Nun comunicado, a platafora Stop Desahucios  defende que se trata de «unha forma simbólica para facer un chamamento á sociedade sobre o problema dos desahucios».

Desde este colectivo, o acto concíbese «como unha acción para a denuncia social da escasa preocupación política, a hipocresía imperante e a falta de solucións contra un dos problemas que máis preocupan ao conxunto da poboación».

En ton humorístico, o comunicado de Stop Desahucios Compostela reproducía unhas ficticias declaracións do Neno Xesús: «O afectado declarou comprender perfectamente que as activistas estean fartas de que as institucións públicas, neste caso o Concello compostelano, non vaian máis aló das meras declaracións retóricas sobre o problema dos desahucios e estafas, cando as solucións son sinxelas».

O colectivo que  subtraeu a figura do belén di que «a integridad material» do Neno Xesús está garantida e que aparecerá ao longo dos próximos días.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar