Os funcionarios da Xunta cobrarán un 3% máis no 2013

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, confirmoulles hoxe aos representantes dos sindicatos que os empregados públicos cobrarán en 2013 un 3% máis que en 2012 e que os orzamentos do vindeiro ano garantirán a súa estabilidade laboral.

Elena Muñoz reuniuse con responsables de UGT, CC.OO. e CIG e transmitiulles que o Goberno galego manterá tamén o ano que ven o emprego do persoal laboral fixo e anuncioulles que derrogará por lei a posibilidade que tiña o Consello da Xunta de reducir a xornada dos interinos.

A titular de Facenda lembroulles que, grazas á aprobación da Lei de Medidas Temporais en Materia de Emprego Público, o Goberno galego non tivo que tocar este ano as retribucións do persoal da administración e poderá garantir que en 2013 cobren un 3% máis de media que en 2012, a pesar de que haberá que reducir á metade o déficit público nun só ano, ao pasar do 1,5% ao 0,7% do PIB.

 

 

A conselleira explicoulle que esta circunstancia provoca que o Goberno galego teña que axustar todas as partidas e capítulos do orzamento co obxectivo de manter a solvencia da comunidade autónoma e que poida seguir pagando os seus compromisos de gasto, algo que non poden facer moitas autonomías.

Pola outra banda, a titular de Facenda comprometeuse ante o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, a que a comunidade  seguirá a liderar o vindeiro exercicio o esforzo investidor, que compatibilizará coa garantía de prestación dos servizos públicos esenciais e co incremento do peso de gasto social.

Muñoz Fonteriz lembroulle al máximo responsable da patronal que o recente informe do Ministerio de Hacienda sitúa a Galicia, a 30 de setembro, como a comunidades que está facendo un maior esforzo investidor tanto por habitante como en relación ao PIB nacional.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar