O litoral permanecerá hoxe en alerta laranxa

 

Unha onda rompe no porto da Coruña

O litoral galego permanecerá este luns, día 17 de decembro, en alerta laranxa por mar de fondo do Noroeste, con ondas de entre catro e seis metros de altura.

Así o recolle o boletín de tempo meteorolóxico adverso publicado por MeteoGalicia para o día 17, que sinala o mar de fondo irá diminuíndo ao longo da xornada, aínda que se manterá preto dos seis metros de altura durante a primeira metade.

Deste modo, persiste a alerta no litoral de Galicia despois de que esta fin de semana se mantivese en nivel laranxa por mar de fondo con ondas de máis de catro metros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar