Pleno acordo entre a Xunta e a Organización Médical Colexial para manter a sanidade pública

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou, este mediodía, á corresponsabilidade dos profesionais sanitarios para manter a viabilidade do Servizo Galego de Saúde e poder rematar esta lexislatura “con máis hospitais públicos, con máis centros de saúde públicos e cunha mellor tecnoloxía”. “Para iso –dixo- temos que planificar, temos que priorizar e temos que decidir. E para priorizar, decidir e planificar imos a facelo de común acordo”.

Neste sentido, Feijóo quixo agradecer o compromiso do presidente e dos profesionais da Organización Médica Colexial, coa que se reuniu este mediodía; “agradecer o compromiso en axudar para manter a sanidade pública a pesar da crise económica, para manter unha sanidade pública eficiente e viable”.

 

 

Así mesmo, o titular da Xunta agradeceu á OMC a presentación, en Galicia, do documento Profesión Médica e reforma sanitaria, con propostas para a mellora do Sistema Nacional de Saúde. “E, agradecemento, tamén, porque no documento se concretan algunhas cuestións positivas do Servizo Galego de Saúde, faise algún guiño da boa xestión e da participación que se está intentando facer no Servizo Galego de Saúde, dentro das competencias e das responsabilidades da xestión sanitaria dos hospitais e dos centros de saúde da atención primaria, en Galicia”.

Feijóo incidiu en que o Goberno galego participa da filosofía, da estratexia e da orientación do texto para salvar o Sistema Nacional de Saúde da profunda crise económica que está padecendo España e “da diminución drástica dos ingresos que temos as administracións públicas”. “Estamos de acordo coa OMC de implementar medidas que se basean máis no bo goberno, na xestión clínica, na planificación dos servizos, na planificación dos recursos, na xestión eficiente da sanidade e dunha prestación farmacéutica proporcionada e razoable. O documento fai fincapé no bo goberno, na xestión clínica e en adoptar unha serie de medidas para preservar a viabilidade do Sistema Nacional de Saúde”.

Nesta liña, e amais da corresponsabilidade, Feijóo afirmou que o Goberno galego seguirá profundando nunha racionalización do uso do medicamento, “nunha prestación farmacéutica homologable ao resto de Europa”. “E, en segundo lugar, -engadiu- imos profundar nunha proposta de planificación da tecnoloxía e dos servizos de referencia dentro do Servizo Galego de Saúde; imos buscar un entendemento cos profesionais para ver cál é a planificación que temos que adoptar, cáles son os servizos de referencia e en qué lugar deben de estar e cómo debemos de utilizalos para dar maior calidade e excelencia no ámbito da tecnoloxía sanitaria”.

OMC

A Organización Médica Colexial (OMC), pola sua parte, presentou  a o presidente galego un documento de propostas de reforma sanitaria no que chaman a «un acordo político» para acometer unha reforma do Sistema Nacional de Saúde (SNS) que garanta o seu «solvencia», reivindican un financiamento estable e comprométense a «promover o aforro do gasto» a cambio de «non reducir o emprego» entre os profesionais máis novos.

Así o explicou o presidente da OMC, Juan José Rodríguez Sendín, tras un encontro no que participaron outros responsables do sector médico, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e Feijóo, quen agradeceu o ofrecimiento dos médicos a «corresponsabilizarse» na adopción de medidas de xestión e eficiencia, paso que interpretou como «fundamental» para facer servizos de saúde «viables».

«Para iso hai que planificar, priorizar e decidir, e imos facelo de común acordo cos médicos», esgrimiu o presidente, antes de insistir en que os orzamentos galegos para 2013 reflectirán o «compromiso» da Xunta coa sanidade e a educación. En canto á implantación do euro por receita, Feijóo limitouse a responder que lle corresponde a cada comunidade adoptar esa decisión».

Pola súa banda, Rodríguez Sendín destacou que os médicos están dispostos a «comprometerse» e a servir «de enganche» para que o faga o resto da profesión, á vez que reivindicou a necesidade de que tamén o faga a clase política. «Necesitamos que os políticos se poñan de acordo para aportar as grandes solucións que necesita España», defendeu.

O presidente da OMC subliñou que este documento, bautizado como ‘Profesión Médica e Reforma Sanitaria’ e realizado por dez profesionais, responde a unha petición expresa de Feijóo, quen lle trasladou o seu desexo de coñecer o punto de vista da profesión médica en relación ás «tensións» que atravesa a sanidade pública. «Traémosllo ao presidente, pero coa vontade de servir ao noso país», remarcou.

 

 


 
 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar