A Escola de Gaitas de Ourense recupera un instrumento medieval, o «Chorus»

 

Xose Luis Foxo utiliza o "chorus", construido a partir de gravados medievais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, Xosé Lois Foxo, presentou hoxe no Museo de Cornamusas, na Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, o denominado “Chorus Medieval”, un novo instrumento que se incorpora ao museo. Trátase dunha reconstrución da primeira forma da gaita que aparece documentada en Europa no Século XIII. Para a construción do instrumento seguíronse as representacións iconográficas do códice dos músicos das Cantigas de Alfonso X o Sabio.

 

O instrumento foi construido en Brno-Moravia (República Checa) para o Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense. Xosé Lois Foxo explicou que á diferencia da gaita actual, o Chorus ou gaita de bexiga, aliméntase por medio da insuflación circular, o que permite manter un son constante do instrumento. Asímesmo o son orixínase nunha cana simple, cando na gaita actual se emprega a palleta de doble cana. O seu timbre é considerablemente máis doce e ténue que a gaita actual. Outra diferencia importante coa gaita actual é que tanto o tuvo melódico do instrumento como o bordón manteñen un calibre cilíndrico, sendo o actual cónico.

 

Durante a presentación Xosé Lois Foxo interpretou diversos romances medievais que  foron creados na época de auxe de este instrumento e que se conservaron na tradición romancística de Galicia, sendo recollidos por el nas montañas do Caurel. En diante, este instrumento formará parte dos concertos da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar