Últimos días de «Santiago é tapas»

A cidade acolle dende o pasado 26 de outubro, o V Concurso de Tapas Santiago(é)tapas, que chega xá a súa recta final co remate este domingo 11, dunha iniciativa que ten a finalidade de promover a nosa gastronomía a través destes pequenos pero exquisitos pratos.

O público pode votar a súa tapa favorita en pousavasos especiais do concurso, que lle serán entregados coa consumición. Unha vez cubertos, hai que depositalos nas urnas do concurso presentes en todos os restaurantes e bares participantes.

A edición 2012 do concurso Santiago(é)Tapas conta con 72 establecementos participantes e 117 creacións a concurso. Esta cifra supón a máis alta acadada nas cinco edicións do certame e a ela chegouse tralo traballo de selección efectuado polo xurado que manifestou a súa satisfacción polo gran nivel das finalistas. Cantidade e calidade irán da man.

A expectación arredor do Santiago(é)Tapas organizada por Hostelería Compostela, é alta entre os afeccionados á gastronomía e en todos aqueles que colleron o seu “tapasporte” en anteriores edicións, como amosan o número de inscritos, moitos deles debutantes, e a actividade nos grupos das redes sociais (facebook e twitter oficiais e hashtag #santiagoetapas).

Os establecementos participantes estarán englobados en cinco é(tapas): Praza do Obradoiro, Praza de Cervantes, Praza de Galicia, Praza Roxa e Camiño Francés.

As é(tapas)

Praza do Obradoiro: Mercedes Morigosa, AC Palacio del Carmen, Acio, Enxebre-Hostal dos Reis Católicos, Ángel, O Celme do Caracol, A Casa do Medio, Los Caracoles, Central, San Jaime, Rúa Villar, Cre-Cotte, Kuntshalle, A Curtidoría e Xuntanza.

Praza de Cervantes: O Piorno, Abastos 2.0, Pazo de Altamira, Casa Pepe, Tafona, Paso del Noroeste, O Curro da Parra, La Flor, Bicoca, Texturas Galegas, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Hervor & Fervor, Broa e O Elefante

Praza de Galicia: Antollos, M* Café e Copas, Venecia, Descorche, La Cantina de A Curtidoría, La Codorniz, Caney, Calderón, Pecaditos, Negreira “O Patata”, El Pasaje, Porta Faxeira, O’ 42 e O Boteco.

Praza Roxa: O Ferro, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, Manso, Castelao, J de Joker, Leal, La Cavita, A viña de Xabi, Galopín, Vivacce, Rincón de Gurpegui, Libeliña, Señor con Bigote e Tryp Santiago.

Camiño Francés: Husa Santiago Apóstol, Puerta del Camino, La Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, Casa da Viña, A Grella, El Olivo, Casa Tato, A Moa, O Afiador, La Barrika, Casal do Cabildo,O Catro.

A quinta edición do Santiago(é)Tapas está promovida e organizada por Hostelería Compostela e conta co patrocinio de Cash Record e Estrella Galicia. Santiago Turismo e Deputación da Coruña son colaboradores institucionais.

Os produtos recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés e Aceites Abril. O concurso conta ademáis, coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Paradores, Pousadas de Compostela, Ultimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar