Os comerciantes coruñeses abrirán dez festivos en 2013

 

A Cámara de Comercio da Coruña propuxo 10 domingos e festivos para que sexan hábiles a efectos comerciais para o ano 2013, en base ás recomendacións establecidas no decreto lei 20/2012 do 13 de xullo.

Así se acordou trala reunión da Comisión Consultiva de Comercio Interior da Cámara de Comercio da Coruña, onde están representados os distintos sectores e formatos comerciais da zona.

Deste xeito, os días propostos son: 13 de xaneiro (domingo), 28 de marzo (Xoves Santo), 23 de xuño (domingo), 7 de xullo (domingo), 12 de outubro (Festa da Hispanidad), 1 de decembro (domingo), 8 de decembro (domingo), 15 de decembro (domingo), 22 de decembro (domingo) e 29 de decembro (domingo).

Esta proposta foi remitida á Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, segundo informa a Cámara da Coruña nun comunicado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar