Xinzo de Limia revive o seu pasado romano na «Festa do Esquecemento»

Xinzo de Limia revivíu a fin de semana os tempos da presencia dos romanos na vila e no seu entorno na undécima edición da «Festa do Esquecemento», que ten como obxectivo recuperar os feitos que ocorreron na época da romanización.

A beleza do lugar convertíuse imaxinariamente no río Lethes, rio do Esquecemento, que apagaba todos os recordos da memoria de quen o atravesara. Empuñando o estandarte do Imperio Romano, o comandante cruzouno e chamou a cada soldado polo seu nombre, para probar que non se producía esquecemento algún.

 

En horas da tarde, celebrouse o desfile da chegada das lexións romanas de Décimo Xuño Bruto para procederse despois á representación do feito sinalado. Mais tarde tivo lugar o desfile das tropas romanocastrexas, o espectáculo dos gladiadores «Ludi Glaidatorum«, a degustación de sardiñas asadas con pan e viño e o peche do «Macellum» coa extinción do «lume sacro» a medianoite.

Nos días anteriores púxose en marcha  mercado de productos artesanales galaico romanos, o  «Foro Limicorum», chegou o visitante  Duumviro Quinto Genitio á «Gens Límica», animación musical a cartgo de «Aulien e Tibia Utricularis Calleeciae» ata o momento de tomar os viños e celebrar as ceas, «Pradii et Comisationes» polas tabernas do foro romano.

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar