Fracasa o intento de utilizar políticamente o incendio de Valdeorras

Non chegaron a cen os participantes  na concentración en O Barco de Valdeorras (Ourense) convocada polo BNG e o su sindicato, a CIG,  para protestar contra a política antiincendios da Xunta.

Baixo o lema ‘Por un medio rural vivo’, os participantes reuníronse ante a Casa Grande de Viloria, en O Barco,  desde onde se coordinou o operativo para sufocar as chamas que sacudiron a comarca de Valdeorras.

Ata O Barco desprazouse a portavoz de Agricultura do Grupo Parlamentario do BNG, Tereixa Paz, quen criticou, en declaracións a Europa Press, a «errática política» de prevención e de loita contra os incendios do Goberno de Feijóo.

Paz invitou á Xunta a «reflexionar» ante a súa «incapacidade para facer fronte ao lume» e criticou os recortes en materia de prevención de riscos forestales. «Lévanse por diante os dispositivos de calidade e profesionalización» dos corpos antiincendios, advertiu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar