As festas da Maruxaina triplicarán a poboación de San Cibrao

 

A localidade de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo, triplicará a súa poboación este fin de semana durante as festas da Maruxaina, ata superar as 9.000 persoas, segundo afirmou o alcalde, o popular Alfonso Villares, en base a cálculos doutros anos.

A praia converterase no centro neurálxico da vila, na que se celebrarán as meriendas que preceden á festa na que se xulga á Maruxaina.

«Trátase dunha sirena que todos os anos, chegado este día, é sometida a un xuízo. Os mariñeiros captúrana no mar e dependendo do seu comportamento durante todo o ano, deciden indultala ou non. Nos últimos anos conseguiu sempre o indulto, haberá que ver que sucede mañá», relatou Villares.

En términos económicos, trátase da festa máis importante desta localidade mariñana, que leva preparándose «durante semanas para recibir a tanta xente» e ademais está organizando os traballos de limpeza para os días posteriores.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar