Nova aula pública multimedia na Coruña

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e alcalde da Coruña, Carlos Negreira, inauguraron hoxe a nova aula CeMIT do concello herculino.

A novo centro da Rede CeMIT ocupa un espazo de 77 metros cadrados dotado con 18 postos informáticos de traballo e equipo profesional de videoconferencia. Coa posta en marcha deste centro, no que a Xunta investiu 82.000 euros cofinanciados con Fondos Feder, cúmprese o compromiso de que cada galego teña un aula CeMIT a menos de trinta minutos do seu lugar de residencia.

A aula CeMIt é unha das dependencias do Centro Cívico do Concello da Coruña, que desde hoxe conta cun espazo para que cidadáns e empresas poidan acceder de balde á formación en novas tecnoloxías.

3.000 cursos gratuítos en toda a Rede CeMIT en 2012
A Rede CeMIT, presente en 92 concellos e con 98 aulas conta cun Plan de Formación que en 2012 triplica a oferta do ano pasado e que en seis meses leva impartidas máis de 20.000 horas de formación. O número de usuarios rexistrados supera os 14.600, máis do dobre que en todo o ano pasado e está a superar a previsión de acadar os 15.000 usuarios a finais de ano.

O Plan presta especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, pero ofrece tamén formación especializada aos profesionais TIC e información específica para pemes e micropemes sobre as vantaxes que as TIC teñen para mellorar a xestión e os seus procesos produtivos.

O Goberno galego segue a apostar polas polas novas tecnoloxías, co convencemento de que é investir nas TIC redundará nunha mellora a nivel económico e produtivo para Galicia.

Plan de Banda Larga
Por iso, o primeiro esforzo do actual Goberno galego neste ámbito centrouse en facilitar o acceso a Internet a todos os galegos. A posta en marcha hai dous anos do Plan de Banda Larga posibilitou a conexión á Rede a máis de 490.000 galegos que carecían de cobertura.

Na comarca da Coruña xa dispoñen deste servizo preto de 18.000 persoas que antes do inicio do Plan non tiñan acceso a internet. Ademais 60.000 veciños da comarca teñen acceso ás redes máis punteiras con velocidades de 100Mbps. O obxectivo é dotar de conexión á rede ao 100% dos galegos a finais de 2013.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar