A Xunta celebra a aprobación da nova Lei de Montes de Galicia

 A Xunta aplaude a aprobación da nova Lei de Montes de Galicia, xa que responde a unha vella necesidade e demanda do sector forestal e resulta plenamente coherente e acaída coas características peculiares da nosa Comunidade. Esta norma ten como obxectivo principal a procura da conservación e aproveitamento da riqueza forestal a partir da súa sustentabilidade económica, social e ambiental.

Esta nova lei -elaborada pola Consellería do Medio Rural e do Mar en consenso co sector- busca corrixir o carácter minifundista da propiedade, recollendo dentro das ferramentas de explotación medidas como as Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), que consolidan a propiedade a través de fórmulas de aproveitamento máis dinámicas.

 

 

Tendo en conta que máis de dous terzos do territorio son montes ou espazos forestais, a norma que se ven de aprobar fai que o de hoxe sexa un día importante para o sector forestal no que se aposta polo fomento do reinvestimento dos beneficios do monte como modelo de dinamización económica.

Principais obxectivos
Entre os principais obxectivos da norma, cabe destacar a potenciación dos aproveitamentos forestais e a súa coordinación con outros usos; o avance na correcta ordenación dos terreos forestais, a preservación e fomento da sustentabilidade das extensións de monte autóctono ou a reorganización e mellora da loita contra o lume.

Precisamente a nova Lei de Montes modifica a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais, facéndoa máis operativa e aplicable pero mantendo o seu espírito e obxectivo fundamental. Así, reorganízanse aspectos coma a planificación preventiva, racionalízanse as franxas de xestión dos riscos e trátase de poñer en claro as competencias e atribucións de cada administración neste traballo.

Así mesmo, o texto trata de recoller e contemplar todas as dimensións do monte, desde os puntos aparentemente máis sinxelos, como a definición do concepto de monte, ata a recollida dos seus usos, a xestión dos recursos xenéticos a defensa fitosanitaria ou a correcta conexión da cadea monte-industria.

Aproveitamento forestal
Con esta lei búscase dinamizar, axilizar e simplificar a actividade do monte, procurando ao tempo asegurala e estruturala. Esta axilidade e simplificación da xestión e a ordenación vai encamiñada en facer máis doado e acaído o aproveitamento do monte, e que se podería plasmar de xeito concreto no fomento do silencio positivo nas autorizacións de aproveitamentos forestais ou na simplificación, sen perder o control da xestión, das consideracións forestais das zonas de ribeira dos álveos fluviais.

O criterio e formulacións de seguridade van dirixidos en varias direccións, especialmente no eido xurídico da xestión e labores respecto das actividades desenvolvidas no monte, e plásmanse en aspectos coma a rixidez dos cambios de uso agrario ao forestal, a consolidación e reforzo do papel e capacidades de actuación dos directores de extinción de incendios

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar