O ‘Galicia Connection’ converte ao Gaiás en epicentro da ‘World Music’

 

   A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converterá desde hoxe 11, ao 13 de abril a Cidade da Cultura no epicentro da ‘World Music’ a través das xornadas internacionais sobre músicas do mundo ‘Galician Connection’.

Nun comunicado, o departamento que dirixe Jesús Vázquez explicou que esta iniciativa será coordinada pola artista Cristina Pato e coa colaboración especial de Paquito D’Rivera, unha das grandes figuras da música cubana, fundador do grupo Irakere con Chucho Valdés e gañador de múltiples Grammys.

Segundo avanzou a Xunta, xunto a eles estarán figuras punteiras das músicas tradicionais de China, Asia ou Arxentina como Wu Tong, Sadeep Dás ou Emilio Solla; o percusionista e director da The World Orchestra, o valenciano Josep Vicent; e destacados representantes da música galega como Anxo Pintos ou Gaudi Galego.

Deste xeito, serán tres días nos que o Gaiás reunirá a músicos galegos e doutras latitudes para establecer un diálogo cultural creativo a través da música e que incluirán un programa formativo exclusivo con cales prácticos, encontros «cara a cara» con estes mestres, así como foros, debates e un concerto de clausura no Museo de Galicia.

DOSSIER INFORMATIVO (.PDF)

PROGRAMA (.PDF)

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar