Prevense 1,4 millóns de desprazamentos durante a operación de Semana Santa

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé uns 1,4 millóns de desprazamentos na rede viaria galega durante a operación especial de Semana Santa, que comeza hoxe venres 30 de marzo.

Así, está previsto que Galicia rexistre un 10 por cento dos 14 millóns de movementos estimados en toda España entre as 15.00 horas do venres día 30 e as 24.00 horas do luns 9 de abril.

En concreto, para a primeira fase da operación saída, que se desenvolverá entre as 15.00 horas deste venres e as 24.00 horas do domingo 1, calcúlanse uns 345.000 desprazamentos nas estradas galegas, un 10 por cento dos 3.450.000 previstos en toda España.

Pola súa parte, na segunda fase, entre as 15.00 horas do mércores 4 de abril e as 24.00 horas do luns 9, prevense uns 896.500 movementos na Comunidade galega, o 11 por cento de todo o país.

As estradas afectadas en Galicia con maior intensidade de tráfico nesta operación, segundo indica a DGT, serán a AP-9, A-6, A-52, A-55, N-550 e N-634.

PUNTOS CONFLITIVOS

En toda a Comunidade galega se prevé unha vintena de puntos conflitivos por circulación, a maioría de eles, nove, na provincia de A Coruña: AC-12, AC-11, AG-11, N-550, N-651, AP-9, a-6, AC-552 e AC-173.

Mentres, na provincia de Pontevedra os puntos conflitivos localízanse na A-55, A-52, N-550 e N-640; mentres que na de Lugo se prevé maior intensidade de tráfico na A-8, N-634 e LU-DP-0610.

Na provincia de Ourense espera, segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, maior intensidade de circulación nas estradas N-120, N-525 e OU-540.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar