Entra a primavera nunha Galicia inmersa na seca

 

Chega a primavera e faino con temperaturas semellantes aos dias anteriores ou en lixeiro ascenso as máximas, con xeadas en zonas do interior, pero, desde logo, baixo a influencia do anticiclón no nordés.

Meteogalicia agárda ceos pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento na costa de Lugo, bancos de néboa matinais illados e pouco persistentes en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos ou ascenderán lixeiramente as máximas, xeando en zonas do interior. Os ventos soprarán do nordés aumentando en xeral pola tarde, con intervalos fortes na Costa da Morte.

E chega a primavera tamén coa esperanza de que descargue a auga suficiente para combatir a seca que ameaza numerosas explotacións agrarias e que xa deixou sentir, esta pasada fín de semana, no mal estado dos nosos “mil rios” para a práctica dunha das activiades lúdicas máis extendidas entre os galegos: a pesca, como o demostra o número de licenzas tramitadas esta tempada, 70 mil.

MAÍS INFORMACIÓN, SECCIÓN “O TEMPO”

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar