As familias numerosas conseguen descontos con Cepsa e Repsol

A Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) asinou un acordo con Cepsa e
con Repsol para que os seus asociados obteñan un desconto de tres céntimos por
litro de carburante nas súas estacións de servizo.

Esta entidade destacou, a través dun comunicado de prensa, a sensibilidade de ambas
as dúas empresas nestes “momentos nos que a economía familiar se
resente” e nos que “o carburante está a ter a suba máis forte da
historia”.

Agafan defínese como unha entidade independente sen ánimo de lucro, que traballa na
defensa das familias numerosas para conseguir maior protección tanto por parte
das administracións coma de entidades privadas.

A Asociación Galega de Familias Numeroas está presidida polo procurador coruñes Luís Sánchez e conta cunha web propia: http://www.agafan.es

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar