Adolfo Dominguez, en expansión por Arabia saudí

Establecemento do modisto ourensán en Arabia

Adolfo Domínguez continúa coa súa expansión internacional coa inauguración dunha nova tenda na cidade de Riyadh, en Arabia Saudí, mercado no que xa conta con seis establecementos, segundo informou a compañía.

A nova tenda, aberta en réxime de franquía, ten unha superficie comercial de 177 metros cadrados nos grandes almacéns Panorama Mall.

Esta apertura, que se suma ás realizadas recentemente en China, Líbano, Paraguai e Qatar, reforza a presenza do grupo de moda en todo o mundo.

Segundo os últimos datos achegados pola compañía, Adolfo Domínguez contaba o peche de novembro cunha rede comercial de 713 establecementos, 237 no exterior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar