Relevo en Novas Xeracións de Teo

 

A sícologa María Vázquez Rey foi elexida presidenta de Novas Xeracións de Teo no trascurso do congreso ao que asistiron Diego Calvo, secretario xeral doPP provincial; José Manuel Álvarez Campana, secretario de Organización; José Manuel Guerra, presidente do PP de Teo; Javier Dorado, presidente de NN.XX. de Galiciae Ramón Santos, presidente provincial de NN.XX.

 

María Vázquez, que sustitúe no cargo a Juán Cerqueiro, anunciou que a súa presidencia ao fronte de NN.XX. sustentarasesobre tres liñas de acción estratéxicas: a formación, o ocio e a comunicación,co obxectivo de mellorar as condicións de vida da xuventude de Teo.

Asume esta responsabilidade, dixo, “co compromiso de desenvolver unha liña de actuación especialmente intensiva no eido da formación”, onde a organización advirte serias carencias ocasionadas pola falla de iniciativas do grupo de goberno no Concello. Na nova etapa que se inicia, NN.XX. de Teo vai organizar cursos que favorezan destrezas para a búsqueda de emprego, así como charlas e coloquios sobre temas de interese xeral ou especializado, coa finalidade, en palabras de María Vázquez, “de cubrir a carencia tan notable de propostas por parte do Concello nunha área tan decisiva para a xente nova”.

A oferta de actividades de ocioe tempo libre constitúe o segundo grande eixo de actuación. Promoción do deporte, actividades de sendeirismo, rutas a cabalo ou en bicicleta ou posiblesrutas de tapas para promocionar a gastronomía de Teo son algunhas das propostas.

No eido da comunicación, MaríaVázquez anunciou que está decidida a facer das redes sociais un factorvertebrador para favorecer o contacto entre a xente xoven e dinamizar a vidamunicipal.

Acción política

NN.XX. realizará un labor deseguimento dos asuntos que se aborden no Concello e de todos aqueles que interesan a poboación xuvenil, servindo de enlace entre a xuventude e os responsables políticos, asegurando que a voz e a opinión dos xóvenes é escoitada e tida en conta polo Goberno de Teo, en defensa das súas expectativas de futuro.

O presidente do PP de Teo, JoséManuel Guerra, manifestou no seu discurso a súa “plena confianza” no equipo que encabeza María Vázquez, do que tamén forman parte Susana Campos e Javier Barbero, como vicepresidentes, e Nacho Arroyo como secretario. “Agardo, dixo,que este movemento que hoxe se inicia cobre toda a forza e o impulso que ofuturo de Teo necesita”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar