Máis de 200 trámites na sede electrónica da Xunta

Para aforrar custes e tempo, o Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Modernización, está a desenvolver o Plan de Modernización da Administración Pública.

Segundo explicaron esta mañá a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Mar Pereira e o director xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Jaime Bouzada, o primeiro paso do Plan foi a aprobación en decembro de 2010 do Decreto que establece o marco de desenvolvemento da administración electrónica e que recollía, entre outras obrigas, o desenvolvemento da sede electrónica, a dixitalización do DOG, e a dotación aos empregados públicos das ferramentas necesarias para avanzar na eAdministración.

Sede electrónica
Cumprindo cos fitos marcados desde setembro de 2011 cidadáns e empresas poden acceder á sede electrónica través da dirección https://sede.xunta.es. A día de hoxe se poden presentar de xeito telemático na sede un total de 229 procedementos, preto do 16% do total de trámites dispoñibles. Esta porcentaxe irase incrementando co obxectivo de que a finais de 2012 o 95% dos novos procedementos se poidan presentar de xeito electrónico. Antes do inicio do Plan de Modernización só o 4% dos procedementos que se podían presentar de xeito telematico.

A sede electrónica, que se converterá no punto de acceso único a toda a Administración en internet, ofrecerá de xeito progresivo a mesma información e os mesmos servizos que teñen agora á súa disposición os cidadáns en calquera das ventanillas das consellerías.

Outro dos avances nesta liña foi a implantación, a principios de 2011, do portal de interoperabilidade en todas as consellerías, que permite eliminar a petición de documentación básica como o DNI, o certificado de empadroamento e o de titularidade de conta bancaria. En 2011 esta ferramenta evitou a presentación do DNI en máis de 21.000 trámites de cidadáns e empresas así como o certificado de empadronamento a máis de 1.600 persoas.

Complementando esta medida o pasado mes de xaneiro entrou en vigor un procedemento de medición de cargas administrativas que garanta a redución dos custos e a simplificación da documentación esixible a cidadáns empresas nos procedementos teñen á súa disposición. O sistema REDUCE estima que a presentación telemática de solicitudes para o procedemento administrativo ofrecerá ao solicitante un aforro de 75 euros, fronte a súa versión presencial.

DOG dixital
Desde maio de 2011 o DOG electrónico é unha realidade no enderezo http://dog.xunta.es., garantindo a mesma validez xurídica que a versión en papel. A substitución da versión impresa posibilitou un aforro de 660.000 en 8 meses ao eliminar o uso do papel xunto coa redución do impacto ambiental. Desde a creación do DOG dixital publicáronse preto de 8.800 anuncios que suporían máis de 67.000 páxinas impresas.

Outras vantaxes da edición online é unha lectura é máis fácil ao estar estruturado dun xeito máis sinxelo así como a universalización do servizo, facilitando a consulta gratuíta e o libre acceso a toda a cidadanía que o pode consultar as 24 horas os 365 días do ano.

Acreditación e sinatura dixital dos empregados públicos
Para avanzar cara a eAdministración é fundamental dotar aos empregados públicos das ferramentas adecuadas para adaptar o seu traballo ás necesidades do novo escenario dixital. Este é un dos obxectivos do Proxecto Kronos de implantación da nova tarxeta intelixente que inclúe o certificado de empregado público, permite asinar dixitalmente os documentos dos procedementos telemáticos, regula o control horario e abre a porta a futura regulación da flexibilidade horaria e ao teletraballo.

Actualmente estase a desenvolver a primeira fase do proxecto que prevé que un total de 3.000 empregados públicos da Administración autonómica e da Xustiza en Galicia dispoñan nos primeiro trimestre de 2012 da nova tarxeta. A día de hoxe son preto de 1.400 os profesionais públicos acreditados dixitalmente.

En liña con anterior e dentro da política cero papel púxose en marcha o portasinaturas dixital, unha aplicación que no último ano permitiu asinar electrónicamente 43.000 documentos administrativos (convenios, pregos de contratación, memorias de facturas, circulares, instrucións, oficios, actas..). Este sistema permite aforrar tempo e desprazamentos e aporta máis seguridade xa que garante a identidade do asinante e o momento da sinatura.

Mellora na accesiblidade
Dentro das medidas de mellora da accesibilidade para o cidadán habilitouse un sistema de videointerpretación de signos que lle garantes ás persoas xordas o acceso, en igualdade de condicións a mesma información que ofrece o servizo 012. A videointrepretación está dispoñible a través do portal corporativo e de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta, e nas delegacións de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Tamén nas oficinas de rexistro de Vigo e Lugo se incorporou un sistema que permite organizar as quendas dos usuarios minimizando as colas e optimizando os recursos de atención ao público dispoñibles. Este ano continuarase implantando este sistema de quendas no resto das cidades.

Impulso da web e das redes sociais
Un elemento clave en todo o proceso de modernización da Administración autonómica é presenza na rede e por iso o Goberno galego aprobou o pasado mes de outubro o Decreto que regula a presenza da Administración Xeral do Sector Público en Internet co obxectivo de conseguir unha administración máis transparente, participativa e colaborativa.

O decreto impulsa o uso das redes sociais como canle de diálogo, participación consulta e opinión. A Administración autonómica incrementou progresivamente a súa presenza nestas canles e actualmente conta con 101 canles en redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr, Youtube e Vimeo. O portal corporativo www.xunta.es conta con máis de 8.000 seguidores en Facebook e Twitter e con case 145.000 no total de canles que o conxunto das consellerías teñen nestas redes.

O portal da Xunta de Galicia, que en 2011 recibiu máis de 12 millóns de visitas de 114 países, é o terceiro máis accesible de todos os portais corporativos das Comunidades Autónomas, segundo o último informe do Observatorio de Accesibilidade do Ministerio Política Territorial e Administración Pública. En menos dun ano, entre xuño do 2010 e outubro de 2011, a web subiu dez postos nesta clasificación. O portal reestruturouse en 2010 deixando atrás o concepto de web institucional para converterse nun espazo de información e servizos máis orientado ao cidadán reestruturación do portal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar