Preocupación pola reducción de sangue dos grupos A+ e 0+

As reservas dos grupos sanguíneos A positivo (A+) e Cero positivo (0 +) presentan niveis baixos, mentres que as de A- e 0- están normais, segundo os datos do Centro de Transfusión de Galicia (CTG).

Para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos, o CTG recorda que son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que destaca a importancia de acudir a doar.

Así, a partir do luns día 13 de febreiro as unidades móbiles do CTG desprazaranse a numerosos municipios galegos co fin de recoller as doazóns dos cidadáns.

Na provincia de A Coruña acudirán o luns a Ortigueira –diante da farmacia–; A Coruña — praza Conchiñas–; Ordes –detrás do Concello–; Carnota –diante da Casa do Concello– e Santiago –diante da cafetaría da Xunta–.

Polo seu lado, en Lugo estarán en A Pastoriza –praza do Concello– e en Riotorto –ao lado da igrexa–; mentres que en Ourense se situarán en Entrimo –parque municipal– e Lobios –diante do Concello–.

Na provincia de Pontevedra desprazaranse o luns a Rois, diante do Concello; Ponteareas –fronte á Casa do Concello– e A Garda –IES A Sangriña–.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar