Moza ferida nun novo accidente causado por un xabarín

 

Unha moza de 22 anos resultou ferida nun accidente causado por un xabarín en Cartelle (Ourense). O feito tivo lugar a pasada medianoite e producíuse unha saída de vía, situada a carón do campo de fútbol da localidade  cando apareceu o animal que provocou una súbita colisión.

A  xove, que conducía o seu veículo, foi evacuadada nuna ambulancia asistencial a un centro sanitario. As feridas non revisten gravidade.

Por outro lado, unha saída de vía rexistrada no municipio coruñés de Bergondo sobre as 00.05 horas deste luns na estrada de Verdillo ao seu paso pola parroquia de Vilaño, na Laracha, sáldouse con tres rapaces feridos, un deles menor de idade, segundo os datos facilitados polo 112.

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou ao Hospital A Coruña a un menor e dous varóns de 18 e 20 anos de idade, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Ademais, sobre as 8.15 horas sucedeu un atropelo na rúa Matemático Rodríguez en Lalín (Pontevedra), no que resultou ferida unha persoa, que foi levada nunha ambulancia a un centro médico da localidade.

CAÍDA DE GUINDASTRE

Doutra banda, sobre as 8.35 horas un traballador caeuse dun guindastre nunha empresa situada no quilómetro 577 da estrada N-VIN no municipio de Bergondo (A Coruña).

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar