Xuntos contra a crise

Sindicatos, patronal e Xunta dispostos a avanzar conxuntamente

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu, hoxe, no Pazo de Raxoi, a sinatura de 14 novos acordos entre os sindicatos UXT e CC.OO., a patronal e o Goberno galego, e que demostran que Galicia ten completamente interiorizado o diálogo social.

Con esta sinatura, Feijóo subliñou que Galicia amplía o Diálogo Social e alcanza case a trintena de acordos no que vai de lexislatura, “practicamente un acordo cada mes; dos que a práctica totalidade están xa en execución”. Así mesmo, engadiu que pon de manifesto que “a nosa terra non desaproveitou a oportunidade do diálogo social e que nos valemos dela para atopar instrumentos nesta extraordinaria situación económica e social que a todos nos toca vivir”.

Feijóo cualificou esta experiencia de “frutífera e útil” para a economía e para o benestar dos galegos e propuxo que esta cifra sirva de estímulo para seguir alcanzando novos pactos polo emprego e polo benestar no que resta de lexislatura.

Co obxecto de afrontar a principal preocupación do presente, que é a lacra do desemprego, Feijóo destacou que é a segunda vez, na lexislatura, que se inclúe un acordo específico en materia de contratación, neste caso dirixido a formar e insertar no mundo laboral a mozos e parados de longa duración.

Xunto co emprego, os outros dous piares do diálogo docial seguen sendo o apoio a sectores produtivos como a automoción, o naval ou a enerxía e a preservación do Benestar, como a través da futura Lei de Inclusión Social, cuxa principal novidade é avanzar cara unha estratexia coordinada entre os servizos sociais, o Servizo Público de Emprego de Galicia e a propia Xunta para que o itinerario das persoas para saír da exclusión, con apoio público, sexa único, coherente e continuado, desde o social ao laboral.

Feijóo referiuse tamén ao acordo asinado para establecer unha planificación enerxética de Galicia; ao acordo para establecer obxectivos e liñas estratéxicas de mobilidade en Galicia; e ao avance nas liñas xerais para o desenvolvemento da Lei de Participación Institucional.

Amais destes cinco acordos, o presidente da Xunta explicou que se formalizaron outros nove, “que xa fomos desenvolvendo nos últimos meses –subliñou- e que dan proba dos catro piares nos que se sustenta todo o proceso de Diálogo Social iniciado desde o principio da lexislatura: o fomento do emprego, o apoio aos principais sectores produtivos, a aposta polo desenvolvemento sostible e lograr unha Galicia máis inclusiva e con mellores prestacións sociais, a pesares da crise”.

No tocante ao fomento do emprego, o titular da Xunta salientou o acordo para desenvolver un plan de atención individualizada de mozos en paro e demandantes de emprego que leven máis dun ano ininterrompido en paro; e o acordo sobre o fomento do emprendemento en Galicia, e que inclúe, por exemplo, programas de apoio á creación e consolidación de empresas, ou fomento de empresas de base tecnolóxica.

SINDICATOS

Os representantes de UGT e CC.OO. han coincido co resto dos presentes na idoneidad do diálogo social para pactar medidas contra a crise, pero lanzaron a Feijóo a petición de que deixe o camiño dos recortes. O secretario xeral de CC.OO., Xosé Manuel Sánchez Aguión, recordou que Galicia leva dous anos aplicando unha política de axustes e ten «parte dos deberes feitos».

«Non é bo seguir por ese camiño, fai falta outro modelo», avisou e considerou que os acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira «deixan marxe» para iso.

Tamén o responsable de UGT en Galicia, José Antonio Gómez, advertiu de que os obxectivos de consolidación fiscal fixados pola Unión Europea van levar a «prolongar» a crise e impedirán que os sectores produtivos reactívense e que se cre emprego.

PATRONAL

O presidente da CEG, Antonio Fontenla, destacou tamén que os acordos son «froito da concertación», o que os dota «de máis forza». Así, ante as «difíciles perspectivas» que se debuxan para 2012 e 2013, ha instado a seguir buscando o consenso.

Aínda que se refiren a «ámbitos de interese», Fontenla sinalou  que os acordos non son un «bálsamo de Fierabrás» ou «a panacea», posto que o problema «traspasa de lonxe o ámbito galego e, nalgunhas ocasións, o nacional». Por iso, chamou a acometer «reformas, nin parches nin remiendos», para superar as actuais «deficiencias» da economía e o mercado laboral.

 

 

yyyyyyyyyyyyyyyy

Así mesmo, avanzou a creación do Consello Autonómico de Emprego, os consellos provinciais de emprego e os comités territoriais de emprego, como referentes de decisión das políticas activas de emprego a nivel autonómico, a nivel provincial e a nivel local.

O apoio aos sectores produtivos reflíctese, tamén, no apoio ao sector naval, onde se acordaron varias medidas que axuden a superar o dificilísimo momento polo que está pasando, como a implantación do Selo e da Credencial Naval; ou á automoción, fundamentalmente a través do desenvolvemento de diversos programas de I+D+i que complementen a competitividade deste sector.

A aposta polo desenvolvemento sostible é a filosofía do acordo en materia de xestión de residuos urbanos e industriais de Galicia e do acordo en materia de infraestruturas hidráulicas e traballos medioambientais ata 2013, que busca garantir un saneamento de calidade e un abastecemento en cantidade.

Por último, e para lograr unha Galicia máis inclusiva e con mellores prestacións sociais, pactáronse os principios a alcanzar no ámbito da atención as persoas con discapacidade, recollidos no Plan elaborado pola Xunta e pactado con este colectivo; así como varios puntos en materia de dependencia, tanto para mellorar a xestión para o recoñecemento e atención dos dependentes, como para establecer un modelo de seguimento máis transparente.

Feijóo concluíu a súa intervención afirmando que: “Do mesmo xeito que Galicia se anticipou noutras necesidades inaprazables do momento presente, como foi a austeridade das administracións e como foi a disciplina presupostaria e a maior eficiencia dos servizos públicos; penso que tamén nos anticipamos á hora de asinar e de confiar no diálogo social. Penso que tamén nos anticipamos e que a maioría das decisións que tomou e ten que tomar a Xunta estarán respaldadas por eses acordos e por eses pactos”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar